Algunhas curiosidades da igrexa parroquial de San Adrián de Calvos:
- O nome do patrón é Adrián Martín de Nicomedia e aínda que na parroquia se celebra o día 16 xuño, o seu día propio é o oito de setembro.
- Hai unha imaxe da Santísima Trindade que se destaca por ter unha figura de Deus Pai xoven e sen barba. (Algo moi raro e que tamén se atopa nunha imaxe en Forcarei).