HISTORIA

 

  Esta parroquia consta dos lugares de Estacas, Bustelos, Couñago e Campeliños.
  Foi nomeada Sta. María de Estacas polo bispo D. Domingo Fernández Angulo no ano 1780, poñendo de cura a D. Melchor Dominguez. 
  O primeiro enterro, bautizo e casamento que se fixo data de marzo do mesmo ano 1870.
  A patrona da parroquia é Santa María, e a súa memoria celebrase o 25 de Marzo, pero como tantas veces sucede, a festa principal adícase a outra devoción, Santa Marta, que se festexa o 29 de Xullo.
  A capela de San Caetán pertence tamén a esta fermosa freguesía. A conmemoración deste Santo celébrase o día 7 de agosto. Festa grande con moita sona e con moita xente devota a este Santo, nacido no ano 1480 en Vicenza (Italia).
  A xente adoita levarlle ó Santo, en agradecemento polos favores recibidos, distintas ofrendas que, o día da festa á tardiña, subastanse nas tradicionais “Poxas”, con moita sona na comarca e arredores.

  O peto de ánimas de Santa María de Estacas é unha construcción de pedra e de tipo pechado; con unha fornela e un teito con unha prolongación a modo de gorra. Ten unha cruz de pedra no seu lado esquerdo, acoroado tamén á parede dunha casa. O seu retablo primitivo, que debeu ser de madeira policromada, actualmente non se conserva.

 

ATRÁS