HISTORIA

 

   San Xosé da Laxe ten os seguintes lugares:a Eiroa, o Casal, o Couso e Entrerrios.
  Nace como parroquia no ano 1739.
  Esta poboación está presidida por unha igrexa de finais do século XVIII, na que destaca un altar maior presidido pola imaxe do seu patrón, san Xosé. Venérase tamén o Sto. Cristo Redentor nunha ermida, do ano 1996, que está situada na Eiroa.
  No centro da vila amósasenos un fermoso cruceiro de ánimas, do ano 1784, no que se pode ver a imaxe de Xesús e María. Destacan outras obras arquitectónicas: o peto esmoleiro, a ponte mediaval sobre o río Parada, o muiño do ponte e outras construccións típicas do rural.
  Anécdotas da parroquia: Áta 1784 pertence a Veducido. No ano 1739 formaban a parroquia 109 veciños. Neste mesmo ano fíxose o primeiro bautizo, e a primeira boda e o primeiro enterro datan de 1740.

ATRÁS