HISTORIA

  O primeiro censo que se conserva de Moscoso data do ano 1752, e o libro máis antigo é o primeiro de bautizados que comeza no 1679. A igrexa data de finais do secúlo XVII, de corte neoclásico, cunha torre central de tres corpos e pranta en cruz latina, máis a tradición oral e a toponimia apunta a que xa existía unha igrexa anterior no lugar chamado, precisamente, As Igrexas, O adro e Santo Paio. Na parte posterior do ábside da igrexa topamos un escudo de Casa e maiorazgo de Reboreda, do que dependía Moscoso; e o camiño a Calvos atopamos un cruceiro da autoría da escola de Cerviño, e en moitos lugares da parroquia atopamos petroglifos, algúns deles posteriores á cultura castrexa. A historia recente de Moscoso ven marcada por un forte fenómeno de emigración.

 

 

ATRÁS