HISTORIA

 

       San Vicente de Oitaven da nome ó río de Oitaven que vai dar na ría de Vigo pola ponte de Sampaio, despois de recoller as augas do Verdugo. Pertencía á parroquia de Fornelos e despois de varios intentos fracasados de ser parroquia independente, foi constituída como tal alá polo ano 1903, fai pouco máis de 100 anos.
   A súa  igrexa é antiga xa que hai datos que constataron unha igrexa primitiva, ó parecer unha capela, reedificada no ano 1601 por don Rodrigo Lorenzo.
   A parroquia está formada por dous barrios, o de San Vicente arredor da igrexa e o de Oitaven nas beiras do actual encoiro de As Eiras-Oitaven que abastece de auga a boa parte da provincia de Pontevedra.
   As festas máis importantes que se celebran son as do seu patrón san Vicente (22 de Xaneiro) e a de San Bieito (11 de Xullo).
   Esta parroquia pertence á área d`Os Cotos tamén ten a súa particular historia xa que no monte de A Cidade (Oitaven) quedan restos de asentamento castrexos.

ATRÁS