A parroquia de Traspielas, en tempos seguramente un barrio de gargamala, atópase aos pes de Cotodeira, o cumio da provincia de Pontevedra. Está integrada por catro barrios: Pardalongas, Traspielas, San Mauro e Freaza. As súas terras son percorridas polos cauces do río Taboada e o río das Feixas tamén chamado Salto que se mesturan para dar lugar ao río Barragán.
No seu curso atopamos até 14 muíños algúns en ruínas e outros case desaparecidos. Os días de festa son ó 15 de Xaneiro adicada a San Amaro no barrio que leva o seu nome, e o primeiro sábado de xuño a San Antón no barrio de Freaza, e en Traspielas o 5 de Agosto celébrase o día da patroa Nosa señora das Neves e o 24 de Agosto a San Bartolome.