NOS DÍAS ...

   O pasado 9 de marzo, sábado, tivemos unha importante xuntanza en Os Cotos. Convidamos a un par de persoas de cada unha das dez parroquias para falar de cómo nos vai neste camiño de facernos cribles en igrexa.
   O asunto xorde porque na nosa diocese de Tui-Vigo estase intentando un camiño de renovación no xeito de levar adiante a vida das parroquias, estase falando de unidades pastorais.

   Falamos de catro cousas importantes:
       + Participar na xuntanza “Cremos no rural” que desta volta vai ser en terras de Lugo o día 18 de maio. Estamos vendo de organizar unha excursión para ir pasar o día alá, como, recordades, pasou aquí o pasado maio cando crentes de Galicia viñeron celebrar a fe con nós no pavillón e logo xantando en Ventín.
       + Botarlle unha ollada á FESTA DA PASCUA para organizala. Xunto coa festa no monte o 15 de agosto, é o mellor dos encontros que facemos en Os Cotos. Estivemos vendo sobre algunha temática vivida este ano, que cremos que hai que incorporar na fe da vixilia pascual (refuxiados, incendios, violencia de xénero, pederastia na igrexa, …
       + Revisamos o funcionamento das celebracións da palabra dende a experiencia de levarmos camiño de 15 anos facéndoas.
   A sensación é boa, tanto por parte de quen as dirixe, como por parte dos veciños que participan.
   A intención é que poidamos seguir mellorando.
       + Fixemos entrega do material que ten a diocese para afondar no proxecto de renovación pastoral que se quere facer na nosa diocese. Dámonos conta de que para nós é un camiño que xa levamos adiantado co noso dar vida á Unidade Pastoral de Os Cotos.

   Foi unha xuntanza moi positiva, e imos volvernos ver o sábado 12 de abril, desta volta na reitoral de Verducido.

   Xa vos iremos contando. Por certo, acéptanse suxerencias.

 

 

   Nos vindeiros días imos dar vida á Pascua. Non é só un achegarnos á pascua de Xesús, é descubrir que todos nós estamos chamados a ser PASCUA.
   Somos importantes e necesarios cada un e cada unha de nós para facernos cribles en Os Cotos, pois do contrario non seríamos máis que unha foto de sillas baleiras. Nós enchemos de vida a PASCUA, e hai sitio para todos.
Grazas

ATRÁS