NOS DÍAS PASADOS
ATRÁS

 

   O pasado 12 de maio tivemos unha xuntanza de festa, honrando o noso mundo rural, do que nos sentimos vivos e orgullosos. Foi unha xornada compartida que nos serviu para atoparnos con outros homes e mulleres que fan crible a fe no mundo rural galego, e serviunos tamén para amosar todo o que nos Cotos estamos facendo. Non se trata de presumir, nin que querer ser máis que os demais, pero dende logo, do que si se trata é de por en valor todo o que estamos facendo e que vale a pena.
   A xornada valeunos tamén para ver que somos capaces de organizar un encontro de arredor de 400 persoas, si, 400, e non foi doado atopar sitio para que todos puidéramos xantar en boas condicións e a cuberto da choiva. Temos que agradecerllo enormemente ao concello que nos facilitou o uso do polideportivo, e á comunidade de Ventín, que nos ofreceu as súas instalacións (bo traballo fixeron ao longo da semana para que o espazo estivera disposto nas mellores condicións).
   A xornada tamén nos valeu para plantexarnos que no vindeiro ano teremos que ir nós a onde se organice a festa do San Cidre.
   Na nosa folla parroquial para o mes de xuño puxemos unha carta que nos mandaron dende os grupos “Cremos no Rural”, e puxemos tamén unha crónica feita por unha veciña dos Cotos.