NOS DÍAS VINDEIROS IMOS ...

Nos días vindeiros do mes de xuño non podemos deixalos calados:

  • “Porque a vida sigue”, ás veces esquecemos o que pasou e deseguida outra noticia ocupará o lugar da anterior. Non queremos esquecer ás familias da parroquia de Paramos, aínda que ao mellor xa non saen nas noticias.
  • Hoxe seguen vivindo con medo, co estrondo que o levou todo por diante, seguen con demasiados baleiros imposibles de encher.
  • Hoxe, que están volvendo á súa dura realidade, seguro se senten un pouco esquecidos por todo e por todos.
  • Hoxe aínda non dan atopado resposta a tantas preguntas.

  

Nós temos a responsabilidade de non esquecer, temos a responsabilidade de ser voz daquelas familias que van calando de impotencia e cansazo. Pedimos ás administracións que sexan máis atentas para evitar traxedias como a que vive a parroquia de Paramos. Pedimos aos veciños que non calen cando ao seu arredor saben de algo que non se fai axeitadamente.


Temos a responsabilidade de esixir solucións reais, porque se calamos facémonos cómplices. 


Estas palabras escritas son a nosa voz.


NON CALAMOS. TODOS E TODAS MERECEMOS DIGNIDADE.
NON QUEREMOS DEIXAR NO ESQUECEMENTO Á PARROQUIA DE PARAMOS


 

ATRÁS