HISTORIA

 

    Parroquia encadrada no Concello de Fornelos de Montes. O nome de Fornelos ven do latín “ Furnellus”, de furnes, forno, chofeta ou braseiro para quentar algo (hornillo).
  Durante a idade Media non hai noticia sobre Fornelos e só aparece a terra de Montes con dous cotos doados expresamente por Alfonso VII no século XII. Dos séculos XIII-XIV data unha reliquia do municipio: a casa de Alemparte. Trátase dunha pequena fortificación que o exército Irmandiño destruíu a mediados do XV. A torre foi reconstruída pero no 1890 for derruída de novo.
  Do século XV é a igrexa primitiva de Fornelos da que se conserva a cripta actual e algunhas pedras da nova igrexa. A Actual igrexa parroquial remátase no ano 1838.
  O seu patrón é San Lourenzo, mártir, que se celebra o 10 de Agosto.
  Pertence tamén a esta parroquia a Capela de Vilán adicada á Santa Cruz, festividade que xunto coa da Virxe dos Miragres se celebra neste barrio. Aquí existe un sarcófago antropoide en pedra, toda unha xoia arqueolóxica.

ATRÁS