HISTORIA

 

  Atópase situado na serra do Suído; tamén chamado Verducido dos Bispos. Conta cunha ampla igrexa parroquial do século XVIII, cunha torre reloxo. No altar maior atopamos un bonito retablo así como unhas fermosas pinturas na súa cúpula. Tamén cabe destacar as imaxes en pedra de San Martiño (patrón da parroquia), e a da Virxe da Fonte ou Virxe do Neno, esta última policromada (século XII-XIII). Conta con tres capelas: unha no lugar de Cortegada, Santa Lucía e San Antón, dende esta última podemos disfrutar de estupendas vistas, ademais da festa que se celebra o 13 de xuño na que todo o pobo come de ramaría no merendeiro da Regueira.
Entre outros petos e cruceiros destaca o das Bazocas (con peto na parte baixa), no que antigamente era o lugar preferido para o soterramento dos nenos mortos sen bautizar.
Paga a pena visitar as fervenzas do Cachón, os seus numerosos muiños (hoxe abandoados), unha mal chamada ponte romana (S.XVII) que compartimos cos veciños de Estacas e os petroglifos como os do val do Gato coa “pedra da tartaruga” que semella un anfiteatro natural.

 

ATRÁS